Textos

Para sentir que seguimos vivos

Para sentir que seguimos vivos

Coñecín a este cura alá polo ano 1975. Por aquel entonces eu era  o Director Artístico de Philips, e estaba interesado en contratar ao grupo “Fuxan os Ventos” do que, Xesús Mato, era fundador xunto a Mini e a Mero.

DON XESÚS DOS MILAGRES

DON XESÚS DOS MILAGRES

Non sei se son o primeiro dos cen, pero co posto noventa e nove son feliz. Ser amigo de D. Xesús Mato é un privilexio. Compartir con el, tantas cousas coma min, é como ser o seu irmán: non hai maior honor.

Porque crer é comprometerse

Porque crer é comprometerse

Neste tempo turbulento no que o esencial parece que estorba, resulta moi esperanzador atopar cunha persoa, un crego, que vive a vida, tamén a súa fe, como un compromiso permanente.

OS ECOS DOS VALES DIN (A Xesús Mato)

OS ECOS DOS VALES DIN (A Xesús Mato)

O corazón da montaña
bate algueiro de alegría.
Os ríos baixan en lores
pola inmensa xeografía.

A campá de Busnullán
por pequena, é campanil.
¡Ai!, como canta a campá
polo outono e polo abril.

Citius, altius, fortius

Citius, altius, fortius

Citius, altius, fortius. Foi a frase feliz do Barón de Couvertin na inauguración dos Xogos Olímpicos da era moderna.

QUE XESÚS MATO ENTROU NA NOSA VIDA PARA NON VOLVER SAÍR

QUE XESÚS MATO ENTROU NA NOSA VIDA PARA NON VOLVER SAÍR

“Para Don Ramón Otero Pedrayo, as aldeas son os derradeiros gardiáns do ser galego…”

Alá por onde pase deixará sempre unha fonda e intensa pegada

Alá por onde pase deixará sempre unha fonda e intensa pegada

Don Xesús chegou a Lalín a finais dos anos 50 rodeado da lóxica expectación que un novo habitante, xa fose xuíz, notario ou cura, podía causar no que daquela era un gran patio de veciños.

Corazón feito fogar de sedán

Corazón feito fogar de sedán

Moito teño eu que lembrar dos feitos depositados na miña persoa de don Xesús Mato. Pero tan só me remitirei a unhas pasaxes, para iso, comezo co día en que vin a don Xesús por primeira vez.

ERAN TRES

ERAN TRES

Tres, eran tres e só me queda un. Tres foron as persoas coas que visitei eu con agarimo demorado as terras de entre O Cebreiro e O Caurel.

Xesús Mato, testemuña de compromiso

Xesús Mato, testemuña de compromiso

Sendo persoa afable e sinxela, Xesús Mato ten unha traxectoria de impresión; ten chegado a ser, dende fai xa moitos anos, un heroe dos que precisamos nesta sociedade nosa actual.

O CREGO DO RURAL

O CREGO DO RURAL

Tan só un par de cousiñas, poderían ser moitas, relacionadas coa música e coa policía.

A persoa Mato achéganos ao cristianismo

A persoa Mato achéganos ao cristianismo

Nesta pequena descrición vou intentar expresar a miña experiencia persoal coa persoa Xesús Mato e por derivación a experimentación que do cristianismo sinto a través súa.

BENVIDO AO VERDADEIRO PARAISO TERREAL

BENVIDO AO VERDADEIRO PARAISO TERREAL

Os que somos Independentistas e Nacionalistas da nosa tribu -eu so penso en e para Sober-, e presumimos de nacer e vivir no verdadeiro e único paraiso terreal; e ao tempo fardamos de ter todo o mellor: viño de Amandi, alfareiros

Xesús Mato, irmán

Xesús Mato, irmán

Nesta grande montaxe teatral que é a vida, o cura Mato sempre enfrontou —e enfronta— todos os roles dramáticos que lle tocou representar, coa forza, eficacia e resistencia que cada situación lle esixiu.

75-50-25-10

75-50-25-10

75-50-25. Estas son as cifras que marcan a vida de Mato. 75-50-25. A idade, os anos de sacerdocio e o tempo que leva na montaña. 75-50-25. Son as cifras que poden resumir a memoria de Mato.

¿Mato? ¡Nin de coña!

¿Mato? ¡Nin de coña!

Poucas veces tiven que enfrontarme a unha reflexión  tan curiosa como a que me trae a escribir estas liñas.

A CASA DO PAI

A CASA DO PAI

O que media entre o nacemento e a morte é a vida. Para algúns taxativamente. Para outros, non. Para outros é a preparación cara  o gozo eterno.

A XESÚS MATO

A XESÚS MATO

Benquerido amigo e conveciño: Naciches nunha humilde aldea (Cabo de Vila) da parroquia de San Martiño de Castro (Paradela), que aínda era aló polo ano 1753 terra de señorío, denominada “Coto de Trasloio”, pertencente a Don Juan

Xesús Mato

Xesús Mato

Cumpre don Xesús Mato setenta e cinco anos, cincuenta de sacerdote e unha vintena longa á fronte de case media ducia de parroquias da montaña; que eu saiba ten ó seu cargo as freguesías de San Xoán de Hospital, San Xoán de Pador

Mato e os «reises vellos» do Cebreiro

Mato e os «reises vellos» do Cebreiro

Din que Xesús Mato veu para a montaña hai vintecinco anos, pero, para nós é como se estivese connosco toda a vida.

Xesús Mato, un home bo e xeneroso

Xesús Mato, un home bo e xeneroso

Xesús Mato —o P. Mato, como moitos lle chamamos— é un home «bo e xeneroso». Si, coido que se lle poden aplicar, con toda propiedade, estas palabras dun verso de Pondal recollidas no noso himno.

Por sorte alí estabas ti

Por sorte alí estabas ti

Cando coñecín a Xesús, eu tiña case vinte anos. Dos do ano 71. Ávidos de todo. Necesitados de nada. Eu vino maior, dos que había que tratar por vostede. El dirixía un coro de rapazas con uniforme e minisaia.

O cura Mato

O cura Mato

Xa che é boa coincidencia que efemérides biográficas do Padre Mato coincidan —no ano 2008— co éxito da televisión de Galicia: Padre Casares.

Liberdade de diagnóstico e tratamento para falar de Xesús Mato Mato

Liberdade de diagnóstico e tratamento para falar de Xesús Mato Mato

Resulta difícil falar dunha persoa coma, Xesús Mato. E moito máis cando me dixeron “tes liberdade de diagnóstico e tratamento”, como se iso fose unha vantaxe, pois non, resultou ser un gran inconveniente.

“MIRANDO Á PERSOA”

“MIRANDO Á PERSOA”

Os comezos con Mato non foron do máis afortunado. Coñecín a Don Xesús (naqueles tempos dixéronme que era don Xesús) á saída do Instituto Feminino.

O colibrí

O colibrí

As homenaxes en vida teñen un problema funcional.

Se son merecidas, case sempre quedan curtas.

De non selo, sempre son desmesuradas.

El é a persoa próxima ao máis pobre

El é a persoa próxima ao máis pobre

Lembro que no curso 1973-74 nos reuníamos no Colexio Santísimo Sacramento de Lugo baixo a organización de D. Xesús Mato para ensaiar o espectáculo Galicia Canto ao Neno. Xesús Mato era aquel cura mozo que transmitía inquedanzas e vida.

Compromiso co País

Compromiso co País

O cura e o mestre, forzas vivas no medio rural nos anos dos meus comezos.

GALICIA

GALICIA

A vida ten voltas, calcúlase que ó redor de mil,
algunha vez escoitei dicir.
Esas voltas, se confiamos en que existen,
Trouxéronme aquí, contigo.
Non cría no peso das raíces, enseguida no concepto de liberdade,

LEMBRANZAS (Cara aberta ao P. Mato)

LEMBRANZAS (Cara aberta ao P. Mato)

Amigo Xesús:

Un discreto "revolucionario"

Un discreto "revolucionario"

Souben de Xesús Mato cando eu cativo traballaba en Terras do Deza polos anos 1964... Era o compañeiro dun crego falecido nun accidente de tráfico na estrada de Salamanca a Béjar.

VERBAS PARA XESÚS MATO

VERBAS PARA XESÚS MATO

     Estas  montañas  silenciosas  son  testemuñas mudas do labor das  persoas.
     Hai  ríos  de vida  que,
     aínda  que  nacen  nos  máis  altos  montes,
     baixan  calados  e  silenciosos

O tío de Moisés

O tío de Moisés

Noutro tempo e noutro lugar coñecín ó tío de Moisés. Que tío o meu amigo Moisés, un tipo estupendo, claro que con ese nome xa se sabe, un ten que estar chamado a cousas grandes e a sitios altos coma o Sinaí.

Siempre te admiramos, Mato

Siempre te admiramos, Mato

Cuando me llamó Julio Giz preguntándome si quería escribir algo sobre Jesús Mato, enseguida le dije que sí, ya que es una persona a la que tanto yo, como mi familia, queremos y apreciamos desde hace muchos años.

DON XESÚS MATO, O AIRE NOVO QUE CHEGOU A LALÍN

DON XESÚS MATO, O AIRE NOVO QUE CHEGOU A LALÍN

Don Xesús Mato chegou a Lalín na década na que este pobo empezaba a medrar, e na que os primeiros talleres de costura posibilitaban a apertura mercantil de Lalín cara ao exterior.

Eis un home que pertence a esa rara estirpe dos “bos e xenerosos”

Eis un home que pertence a esa rara estirpe dos “bos e xenerosos”

Souben da existencia de Xesús Mato nos anos setenta, cando me contaron que un fato de rapaces dirixidos por el, formaran o  grupo de folk galego, Fuxan os Ventos e lémbro desa época  outro proxecto del que tan bos recordos me ev

Atopaches a túa auténtica vocación

Atopaches a túa auténtica vocación

Todos estamos moi afeitos a escoltar como falan de ti os que te coñecen, do teu compromiso como sacerdote e do teu interese pola cultura galega. Iso énchenos de orgullo, non creas, pero non é o que máis nos achega a ti.

Xesús Mato resiste o paso do tempo

Xesús Mato resiste o paso do tempo

A ocasión para falar da personalidade de Xesús Mato dánola o paso do tempo, simplemente: el cumpre tres cuartos de século de vida, medio século de cura, un cuarto de século de cura de Padornelo e Louzarela na montaña do Cebreiro

LEMBRANZAS

LEMBRANZAS

Preguntádesme por Xesús Mato?. Eu recórdoo dende o seminario, aínda que el ía seis anos diante de min. Eu cursaba primeiro de filosofía cando el remataba a carreira. Pero para arriba sempre se mira.

Es ti unha alma de luz

Es ti unha alma de luz

Eternamente Xesús, admiro como te entregas ós demais, como regalas a túa vontade.

Es ti unha alma de luz.

Sinxelo e verdadeiro

Sinxelo e verdadeiro

Aquel día nevaba na montaña luguesa. No Courel, nos Ancares e tamén no Cebreiro. Na parroquia de Zanfoga, os paisanos vanse achegando á igrexa.

Cura Mato

Cura Mato

Xesús, da casa dos Mato de Cabodevila en Paradela, pertence a unha gran familia amiga miña, que xa foi amiga de meus pais, e na que o seu avó paterno —o Señor Jesús— era amigo e compadre do meu avó.

COUSAS DE MATO

COUSAS DE MATO

Milita na Igrexa. E pon voz onde sexa preciso para transmitir unha mensaxe.

Cura Mato

Cura Mato

Chegou á nosa vida para quedar. E aí está, sempre novo, sempre sorrinte, sempre en pé de paz, o único crego da diócese que leva antes do nome o seu título máis prezado: Cura Mato.

Grande competencia e a maior sensibilidade

Grande competencia e a maior sensibilidade

Ante todo debo confesar a miña grande admiración por este exemplar Crego de Lugo.

DESDE O BERCE

DESDE O BERCE

Este refrán, tan repetido, senténciase case sempre en castelán, mesmo por galegofalantes: “genio y figura hasta la sepultura”.

Xesús, sempre baril amigo

Xesús, sempre baril amigo

Meu sempre ben querido e xeneroso crego.

No nome da xente da montaña lucense

No nome da xente da montaña lucense

 Xa hai máis de vinte anos que Xesús Mato chegou a estas terras do Cebreiro, e con el viñeron novos aires a estas parroquias.

O QUE NON É FÁCIL DE SINTETIZAR...

O QUE NON É FÁCIL DE SINTETIZAR...

Non é fácil de sintetizar nun tan reducido espazo os cincuenta anos de tan distintas actividades dun tan polifacético cura como o é Don Xesús Mato Mato.

Páginas